Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Heredeiros da Crus voltan con Jard Rock con Fe

O DISCO PRESENTARASE EN ORDES CUN CONCERTO O VINDEIRO 24 DE MAIO

Heredeiros da Crus voltan con Jard Rock con Fe

ROCK | abril 26, 2013

imaxe non dispoñible

A discoteca LP-45 de Ordes, que acolleu no seu día o retorno do grupo aos escenarios, verá o vindeiro 24 de maio a presentación do novo traballo de Heredeiros da Crus. O grupo lanza, da man de Airapro, Jard Rock con fe un disco no que o aseguran manter intacto o estilo que os lanzou á fama hai xa dúas décadas. Está xa dispoñible na rede A Duquesa de Poi, primeiro single do novo traballo que se gravou nos estudios Bruar da Coruña e nas instalacións da Escola Municipal de Música de Boiro. Os interesados en acudir ao concerto poden adquirir xa as entradas a un prezo de 25 euros incluído o CD.

MULTIMEDIA
A Duquesa de Poi, de Jard Rock con Fe
datos do disco