Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Manic Street Preachers e The Hives encabezan o cartel de Music Way

A CITA CO ROCK INCLúE TAMéN UNHA SESIóN ESPECIAL PARA NENOS

Manic Street Preachers e The Hives encabezan o cartel de Music Way

ROCK | agosto 31, 2012

imaxe non dispoñible

Toma o relevo do Rock in Way e pretende ser unha cita relevante do rock en Galicia. Music Way ten os coñecidos Manic Street Preachers e The Hives como principais reclamos dun cartel que inclúe tamén a bandas como The Courteeners, Layabouts ou os galegos Heredeiros da Crus, Holywater, Maryland, Munich e The Cornelius. O programa, que xa ten o seu abono á venda, tamén se reserva algunha sorpresa internacional. Ademais, destaca unha sesión especial pensada para nenos. Brodas, Alondra Bentley, Mamá cabra e diferentes obradoiros (de dj, contrucción de instrumentos reciclados, customización de camisetas, taller de fotografía musical…) para que os máis pequenos se inicien neste xénero musical. A cita será o 28 e 29 de setembro, no recinto feiral de Amio en Santiago.

DOCUMENTO
Ligazóns