Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As Revenidas trasládanse a agosto cun cartel centrado no Bravú

O FESTIVAL DE VILAXOáN CELEBRARASE ENTRE OS DíAS 22 E 24

As Revenidas trasládanse a agosto cun cartel centrado no Bravú

ROCK | xullo 16, 2014

imaxe non dispoñible

Vilaxoán celebrará finalmente a XI edición do Revenidas. Logo de demoradas negociacións co Concello de Vilagarcía os últimos meses, o evento traslada as súas datas para agosto, e celebrarase entre os días 22 e 24. A xeira deste ano conta a peculiaridade de se centrar no vinte aniversario do Rock Bravú, e presenta un cartel de grupos galegos entre os que se contarán os principais nomes deste movemento. Con actuacións aínda por fechar, está xa confirmada a presenza de Os Diplomáticos de Monte Alto, Heredeiros da Crus, Ulträqäns, Rastreros, Leo e Arremecaghona ou Terbutalina entre outros.