Chega o Revenidas das medras
agosto 17, 2015
Logo de que o pasado ano se chegase a dubidar da súa continuidade, o festival Revenidas de Vilaxoán chega a este 2015 cunha aposta ambiciosa. Nada menos que 25 grupos, entre eles nomes de referencia a nivel estatal como SOJA o ZOO compoñen un cartel que se desenvolverá entre o 21 e o 23 de agosto vindeiros. La Raíz, Banda Bassotti, Heredeiros da Crus, NAO, Spin Te Ku, Terbutalina, Swingdigentes ou Rulassie Selektha compoñen un cartel variado no que o Reagge ten un lugar especial e onde predominan os grupos galegos. A contar con tres escenarios e integrado nas festas de San Roque de Vilagarcía, o evento non deixa de lado a súa xa habitual sardiñada, e contará tamén cun mercado ademais de celebrar a gala solidaria co pobo saharaui.