Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Heredeiros da Crus deixan gravada a súa versión acústica nun novo disco

'XIRA ANGúSTICA. LIVE IN A CORUñA' RECOLLE A ADAPTACIóN DO REPERTORIO PARA CONCERTOS CON PúBLICO SENTADO QUE FIXERON EN 2021

Heredeiros da Crus deixan gravada a súa versión acústica nun novo disco

ROCK | marzo 11, 2022

xiraangustica_HDC_Live.jpg

As restricións derivadas da alerta sanitaria tiveron diferentes tipos de impacto sobre a escena musical, cando se puideron levar a cabo os primeiros concertos unha das limitacións era que o público tiña que estar sentado e quieto. Esa circunstancia pegaba ben pouco cos habituais concertos enerxéticos de Heredeiros da Crus pero a experimentada banda de rock do Barbanza foi quen de ofrecer aos seus seguidores un formato axeitado ao momento, revisando o seu repertorio en acústico na que foi denominada "Xira Angústica" coa que recorreron Galicia. Froito desa experiencia, chega unha nova gravación do grupo, recollida en directo o pasado ano no Palexco de A Coruña no que foi o seu derradeiro concerto neste formato. 'Xira Angústica. Live in A Coruña' (Dotbeat, 2022), é un traballo que recolle esa proposta atípica do grupo, amosando unha faciana descoñecida. En total este disco, o duodécimo da súa discografía e o segundo que recollen en directo tras "All right Chicago [Rock'n'roll] (BOA Music, 2000)", ofrece 13 melodías espidas de fogos de artificio que crean novas escoitas do seus himnos a escribir na historia da música en Galicia no momento en que a incombustible formación celebra os seus 30 anos de actividade. O disco está dispoñible xa nas plataformas dixitais.

datos do disco