Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Tonhito de Poi comparte a súa experiencia amazónica en 'Non hai onde esconderse'

O MúSICO PRESéNTAO EN FORMATO DE LIBRO CON DESCARGA DE 16 TEMAS NOVOS

Tonhito de Poi comparte a súa experiencia amazónica en 'Non hai onde esconderse'

FUSIóN | febreiro 4, 2019

tonhito_depoi_nonhaionde.jpg

Se a pasada semana falabamos do novo disco en solitario de Javi Maneiro, vocalista de Heredeiros da Crus, coincidindo no tempo ven de presentar o seu novo traballo tamén en solitario Tonhito de Poi, outros dos Heredeiros e alma mater desa banda. Seguindo a estela daquel O Soro da verdade (2012), o de Ribeira volve a sacar a inspiración das súas experiencias amazónicas, da súa viaxe chamánica coas tribos da frondosidade selvática. Non hai onde esconderse é o título do novo traballo de Tonhito de Poi, que ofrece un libro de 60 páxinas con descarga de 16 temas. Varios anos de traballo e investigación musical están detrás deste traballo no que se inclúen gravacións feitas in situ na propia selva, tanto de cantos tribais e instrumentos nativos como de son da propia natureza. En paralelo o músico presenta o seu documental O despertar da Anaconda, que contribúe a explicar a experiencia da que xurde este traballo. Nas melodías Tonhito ofrece multitude de fusións entre músicas máis folclóricas ou étnicas e outras máis roqueiras ou do blues e todo tipo de influenzas, mesmo flamencas. Na súa gravación colaboraron músicos como Cuchús Pimentel, Rubén reinaldo e Lucía Pérez nos coros. O libro está dispoñible para mercar e descargar os temas na páxina do artista. O disco presentouse en Ponteareas en concerto no JJ Cobas, xunto con unha cervexa artesanal do mesmo nome que o artista e elaborada con Acai ecolóxico, e Lúpulo Centennial de colleita propia. O artista está a presentar o álbum en concerto en formato de trío.

datos do disco