Tonhito de Poi volta con O soro da verdade
novembro 27, 2012
O soro da verdade é o título do novo proxecto de Tonhito de Poi. A amosar a súa experiencia vital e mística na Amazonia peruana, o artista de Ribeira publica un disco no que recolle fragmentos das cerimonias nas que participou, cánticos medicinais e sons da selva canda á creación musical do autor, que se achega ao estilo chill out ou á música de meditación. O disco incorpora un libro, Diario da viaxe cósmica á Amazonía, diario que escribiu o músico durante a súa experiencia, ademais poderá accederse a unha pista de vídeo con imaxes gravadas polo músico.
O proxecto darase a coñecer o vindeiro 18 de decembro cun concerto no Teatro Colón da Coruña, para o cal xa están á venda as entradas, e no que participará o chamán Ramón Peregrino, guía espiritual de Poi na súa experiencia.