Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Tonhito de Poi volta con O soro da verdade

O LIBRO-DISCO RECOLLE A SúA EXPERIENCIA INICIáTICA NA AMAZONIA PERUANA

Tonhito de Poi volta con O soro da verdade

MISCELáNEA | novembro 27, 2012

SoroDaVerdade-capa.jpg

O soro da verdade é o título do novo proxecto de Tonhito de Poi. A amosar a súa experiencia vital e mística na Amazonia peruana, o artista de Ribeira publica un disco no que recolle fragmentos das cerimonias nas que participou, cánticos medicinais e sons da selva canda á creación musical do autor, que se achega ao estilo chill out ou á música de meditación. O disco incorpora un libro, Diario da viaxe cósmica á Amazonía, diario que escribiu o músico durante a súa experiencia, ademais poderá accederse a unha pista de vídeo con imaxes gravadas polo músico.

O proxecto darase a coñecer o vindeiro 18 de decembro cun concerto no Teatro Colón da Coruña, para o cal xa están á venda as entradas, e no que participará o chamán Ramón Peregrino, guía espiritual de Poi na súa experiencia.

MULTIMEDIA
Vídeo de presentación de O soro da verdade
MULTIMEDIA
Viagem Cósmica á Amazonia, gravación de Tonhito de Poi
datos do disco