Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Jazz para escolares no programa do XIII Festival de Jazz de Primavera de Ourense
Jazz para escolares no programa do XIII Festival de Jazz de Primavera de Ourense
maio 6, 2009
Hoxe ás 23 horas no Café Latino, epicentro da afección ourensá ao jazz, dará comezo a XIIIª edición do Festival de Jazz de Primavera de Ourense co espectáculo musical The Charlie Parker Legacy Band. O programa musical desenvolverase ata o 29 de maio e, como novidade inclúe catro concertos para escolares por parte da New Orleans Blue Stompers o 21 e 22 no Auditorio Municipal de Ourense coa fin de achegar este estilo musical aos cativos. A organización do evento destaca a actuación o día 17 de The Trumpet Summit Band coa presenza de Terell, Jon Faddis e Randy Brecker -que ten acompañado a Sinatra, Springsteen ou Clapton- nunha previsiblemente espectacular jam session debido á calidade dos tres artistas. O 28 de maio tamén está prevista a actuación de Abe Rábade presentando o seu disco Open doors.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 3/ 2022 | Os festivais de jazz premian a Sumrrá
- 3/ 11/ 2021 | Lugo volta ao Jazz na XXXI edición do seu festival
- 2/ 7/ 2018 | Eva Fernández, Puerta Sur, Raynald Colom ou Miguel Lamas protagonizan o II Jazz de Ría
- 25/ 1/ 2016 | Mandala é o quinto álbum de Carlos López
- 12/ 1/ 2016 | Javier Marcos debuta con Ten Dez