Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Mandala é o quinto álbum de Carlos López

O BATERíA DE JAZZ GRAVOUNO ENTRE AMSTERDAM E BERLíN

Mandala é o quinto álbum de Carlos López

JAZZ/BLUES | xaneiro 25, 2016

mandala_carlos_lopez.jpg

Un novo traballo en solitario, o quinto, abre o ano 2016 para o batería de jazz Carlos López. Mandala. No mesmo, o compositor dá un xiro á súa proposta estilística. Segundo explica no seu propio web, as composición "manifestan unha clara deriva cara á tradición do jazz europeo e mesmo do free jazz, sen abandonar por isto claras referencias ao jazz contemporáneo americano". O proxecto, que ve a luz baixo a etiquexa Jazz Activist, conta con colaboracións de once músicos de Berlín e de Amsterdam, onde se gravou, canda a nomes como Virxilio Da Silva, á guitarra, Xavi Torres ao piano ou Joel Illerhag ao contrabajo como formación básica.

datos do disco