Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os festivais de jazz premian a Sumrrá

A FORMACIóN GALEGA LEVA O PREMIO JAZZ ESPAñA AO MELLOR PROXECTO CONSOLIDADO

Os festivais de jazz premian a Sumrrá

JAZZ/BLUES | marzo 15, 2022

imaxe non dispoñible

A Asociación de Festivais de Jazz Plataforma Jazz España ven de presentarse en sociedade facendo públicos os seus dous primeiros artistas recoñecidos cos Premios Jazz España. A formación galega Sumrrá recolleu o premio a Mellor Proxecto Consolidado do Catálogo Jazz España, no que entran a votación entre os asociados as formacións que participaron das programacións do ano anterior. Así, Sumrrá foi o primeiro proxecto consolidado máis recoñecido polos programadores, compartindo protagonismo co trío da artista catalá Lucía Fumero, como Mellor proxecto emerxente. Os Premios Jazz España consisten nunha xira de concertos polos festivais asociados. Xacobe Martínez Antelo acudiu por Sumrrá ao acto de entrega dos galardóns e presentación do proxecto da asociación na sede da Fundación SGAE en Madrid.