Sumrrá xa está a mover o seu cuarto disco polos escenarios
febreiro 3, 2010
Como xa fixeran no seu disco “2” Sumrrá presentou un disco gravado en directo con tres días de concertos na Sala Nasa, un dos seus hábitats naturais. O trío formado por Xacobe martínez Antelo, Lar Egido e Manuel Gutiérrez presentou “Sumrrá 4.0” (Freecode Jazz Records)oficialmente o pasado 23 de xaneiro abrindo do ciclo Sons da Diversidade no Auditorio de Galicia en Santiago, onde tocaron pezas tamén dos seus anteriores traballos. Sinxelo no seu deseño gráfico -feito por Andrea López- as seis pezas do disco noméanse tamén segundo o título, indo da 4.1 á 4.6. O seu vindeiro concerto de presentación de “4.0” será no club coruñés Garufa o vindeiro día 12 de febreiro.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 3/ 2022 | Os festivais de jazz premian a Sumrrá
- 8/ 5/ 2009 | Os Carunchos presentan o seu cuarto disco na Feira dos Maios de Vigo
- 21/ 9/ 2007 | Luis Emilio Batallán presenta o cuarto disco da súa carreira musical
- 29/ 6/ 2007 | Sumrrá gravará tres noites de directo na Sala NASA para o seu vindeiro disco
- 27/ 12/ 2006 | O quinteto de Xacobe Martínez Antelo presenta o seu primeiro disco