Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sumrrá xa está a mover o seu cuarto disco polos escenarios

SUMRRá 4.0 GRAVOUSE EN VIVO EN TRES DíAS NA SALA NASA DE SANTIAGO

Sumrrá xa está a mover o seu cuarto disco polos escenarios

JAZZ/BLUES | febreiro 3, 2010

not_16234.jpg

Como xa fixeran no seu disco “2” Sumrrá presentou un disco gravado en directo con tres días de concertos na Sala Nasa, un dos seus hábitats naturais. O trío formado por Xacobe martínez Antelo, Lar Egido e Manuel Gutiérrez presentou “Sumrrá 4.0” (Freecode Jazz Records)oficialmente o pasado 23 de xaneiro abrindo do ciclo Sons da Diversidade no Auditorio de Galicia en Santiago, onde tocaron pezas tamén dos seus anteriores traballos. Sinxelo no seu deseño gráfico -feito por Andrea López- as seis pezas do disco noméanse tamén segundo o título, indo da 4.1 á 4.6. O seu vindeiro concerto de presentación de “4.0” será no club coruñés Garufa o vindeiro día 12 de febreiro.

datos do disco