Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Festivais coma o Son na rúa, Imaxina Sons e Novas Músicas anuncian a chegada do verán

VERáN POLA MúSICA

Festivais coma o Son na rúa, Imaxina Sons e Novas Músicas anuncian a chegada do verán

MISCELáNEA | xuño 18, 2007

imaxe non dispoñible

Aínda que o tempo non o anuncia, o verán está xa á volta da esquina, e para confirmalo chegan os primeiros festivais de música da temporada. En Compostela o Sons na rúa achega ao Campus sur, o vindeiro xoves grupos coma Blasted Mechanism ou Balk Bum. Ao tempo, en Vigo comezará o Imaxina Sons de Jazz, con Jan Garbarek, ao que seguirán Chano Domínguez ou a Imaxina Jazz Orchestra. Seguindo con este xénero, para agosto anuncian en Monforte o festival Novas Músicas, que contará tamén con seis grupos de jazz.

Máis información sobre Sons na rúa no web de Nordesía; sobre Imaxina Sons no web do Festival, e no web de Novas Música