Arquivo

36.219 noticias desde o ano 2000

X
3.260 resultados Busca: "Culturagalega"

Fuxo Buxán achégase ao legado do Laboratorio de Formas na súa homenaxe a Díaz Pardo

Unha mostra na homenaxe

  • Hai moitas formas de achegarse á figura de Isaac Díaz Pardo. Pódese facer a través da súa personalidade, da súa creación artística ou dos moitos proxectos que impulsou. Todas estas facetas son as que atenderá a Asociación Cultural “Fuco B...

Modifícanse os proxectos do contorno das Burgas logo da súa declaración coma Ben de Interese Cultural

Arredor das Burgas

  • Unha vez efectuada a declaración das Burgas como Ben de Interese Cultural, nos últimos días están a se coñecer as novas sobre os proxectos do seu contorno máis próximo. Por unha banda, a promotora Xardín das Burgas recoñeceu que o seu proxec...

As memorias de Antía Cal recuperan a figura dunha pioneira no emprego do galego na educación

Memoria da lingua

  • Toda unha vida de traballo a prol da cultura e da lingua do país resumidas nun libro. Antía Cal publica en Galaxia "Este camiño que fixemos xuntos", un volume de memorias no que se poden encontrar fitos da nosa historia. Por exemplo, a fundación ...

Cultura non fará cambios no proxecto da Cidade da Cultura despois do anuncio da participación da Administración Central

O plan C

  • O proxecto da Cidade da Cultura executarase tal e como anunciou no Parlamento a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o pasado 26 de decembro. A implicación do Goberno Central no complexo cultural explicitado antonte non afectará aos seus usos e...

"Un home feliz", obra de Antoino Seijas que levou o premio Castelao, verá a luz en castelán

Seijas, de Ponent

  • Edicións de Ponent editará en breve a versión en castelán de "Un home feliz", a historia coa que Antonio Seijas se fixo o pasado ano co II Premio Castelao de BD. Segundo explica o autor, a obra verá a luz a cor e incluirá novas páxinas, ata to...

"Ponte... nas ondas" chega á súa XIII edición a prestar unha especial atención a Internet

A ponte número 13

  • Coa xa habitual reivindicación do patrimonio común galego-portugués, a experiencia radiofónica escolar "Ponte... nas ondas" chega á súa XIII edición. Desta volta a principal novidade está na integración que fai o proxecto de Internet, xa que...

O audiovisual galego baterá marcas este ano estreando dezaseis longametraxes

Proximamente

  • “Hotel Tívoli” (Filmanova) de Antón Reixa, “Catalina” de Mario Iglesias ou “O menor dos males” (Video Voz) de Antonio Hernández, son algunhas das dezaseis longametraxes que se estrearán este ano. Un número que marca un fito na histor...

As grandes salas e diferentes grupos atacan o sistema da Rede de Salas de Música ao Vivo

Enredos na rede

  • As grandes salas galegas de concertos, coma a Mardi Gras (A Coruña), a Capitol (Compostela) ou A Iguana (Vigo) non consideran rendible facer parte da Rede Galega de Música ao Vivo. A obrigatoriedade de programar as formacións que participan no pro...

Catro dos autores que viaxaron ao festival de BD máis importante de Europa cóntannos a súa experiencia

A petar nas portas do ceo: Galegos en Angoulême

  • É un lugar co que soñan todos os autores que comezan. O festival de Angoulême, en Francia, reúne cada ano afeccionados de todo o mundo e congrega os principais editores. Alí van tamén un bo número de autores tentando conseguir unha oportunidad...

A editora Xerais e a revista "O ollo público" lanzan cadansúa campaña de animación á lectura

Todos a animar

  • Apoiar o hábito de ler é cousa de todos. Como para o demostrar, temos hoxe a nova de dúas campañas de animación á lectura que xorden doutras tantas entidades privadas. Por unha banda, Edicións Xerais presentaba onte na Coruña "Lobos de mentir...

Consulta os autores e obras de Galicia elixibles para os premios do 25º Saló do Cómic de Barcelona.

A colleita de 2006

  • ...or favor, axúdanos a subsanar posibles erros ou completar informacións, o noso correo-e é redaccion@culturagalega.org. Estas son as obras editadas en papel das que temos referencia. En negrita van as monografías, inclúense as reedicións [R] e as edic...

As Burgas e o seu contorno serán declaradas este xoves Ben de Interese Cultural

Plan B

  • Desenvolvemento económico da comarca atendendo tamén á proteccion do patrimonio. Estas son as dúas premisas das que gozarán as Burgas e o seu contorno a partir deste xoves. Será entón cando o Consello da Xunta aprobe a súa declaración como B...

O compromiso de Del Riego fixo del un persoeiro fundamental na evolución do país ao longo do século XX

Culturagalega TV: Francisco Fernández del Riego

  • O seu nome é sinónimo de galeguismo histórico. Desde os comezos deste movemento ata hoxe, Fernandez del Riego é protagonista e testemuña destacada do noso século. "Un amigo deume a coñecer a Teoría do Nacionalismo Galego de Vicente Risco e is...

ARCO contará coa presencia das mesmas galerías galegas que na última edición

Completando o ARCO

  • SCQ e Trinta desde Santiago, Ad Hoc de Vigo e Marisa Marimón desde Ourense conforman, outra vez máis, a nómina de galerías que estará presente en ARCO. A feira de galerías de arte contemporánea máis importante do Estado abrirá as súas porta...

Abraham B. Yeshouá, Javier Cercas e Isidro Novo recolleron onte os galardóns Arcebispo Juan de San Clemente en Compostela

A recollida do arcebispo

  • Un ano máis, o Instituto Rosalía de Castro recibiu algúns dos nomes máis destacados da literatura actual. Abraham B. Yeshouá, Jacier Cercas, e Isidro Novo recollían onte os premios Arcebispo Juan de San Clemente, que lles outorgaron estudantes ...

A Fundación Granell e o Concello de Santiago anuncian a chegada dos fondos bibliográficos do artista

A biblioteca do surrealismo

  • Cando Eugenio Granell morreu, os 11.000 volumes que conformaban a súa biblioteca quedaron na súa residencia en Madrid. Pois ben, no segundo semestre deste ano os fondos poderanse ler e consultar en Santiago. Así o anunciaron a presidenta da Fundac...

Ciudadano Frame presentará conxuntamente en maio os seus últimos traballos

Proxectos curtos, en breve

  • “Grazas”, “Non é boa idea” e “A carreira” son os títulos dos tres traballos que ultima a produtora “Ciudadano Frame”. Tres curtametraxes que segundo declarou o produtor Carlos Taboada a “La Voz de Galicia” se estrearán de forma...

Preséntase o proxecto da nova publicación profesional "BD Banda"

BD Banda presenta...

  • O colectivo BD Banda fará o vindeiro luns, no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a presentación dos contidos da súa nova revista. Na cita, que será ás seis e media da tarde no Salón de Actos do Pazo da Cultura, daranse a...

Paolo Pinamonti substitúe a Cristina Vázquez na dirección do Festival Mozart

Pinamonti para Mozart

  • Chegado de dirixir o Teatro San Carlos de Lisboa, o italiano Paolo Pinamonti presentábase onte na Coruña como novo responsable do Festival Mozart. O novo director do evento prevé iniciar o vindeiro ano unha etapa que se desenvolverá ata 2010. Pol...

Andrés Meixide recupera o seu "Thom" como tira para "La Voz de Galicia" mentres David Buceta e David Braña participan en Culebra Cómics

Novas presenzas

  • Thom, o granxeiro americano afincado en Galicia que se deu a coñecer nas páxinas de "Golfiño", volta ver a luz. Desta volta as súas aventuras chegan na forma de tiras cómicas diarias que o seu autor, Andrés Meixide, achega a "La Voz de Galicia"...