A gaita virtual Breogán VSTi achega a música tradicional ao computador

O sampler está dispoñible de balde e recolle tamén sons de requinta ou asubío

| Santiago. Redacción | Seccións: músicapatrimonio
Compartir:
A gaita virtual Breogán VSTi achega a música tradicional ao computador

O músico Carlos Lijó puña na rede este 21 de marzo Breogán VSTi, unha gaita virtual que permite reproducir sons da nosa música tradicional no computador. Este plugin, dispoñible de balde, inclúe tamén simulacións doutros instrumentos de vento tradicionais como o pito galego, a requinta e o asubío.

O proxecto partiu de capturas de interpretacións de Nicolás Salgado Biempica que se poden empregar para composición con paneis que permiten modificar parámetros do son como ecualización, reverb, vibrato ou envolvente, entre outros. Breogán amplía as posibilidades de Carmucha, un sistema similar especializado na percusión popular galega que tamén desenvolveu Lijó.
 

 

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves