O libro-cd A requinta da ulla. Obradoiro Riobó de Rafael Carracedo Crespo, contén a historia dos inicios e o desenvolvemento deste tipo de frauta tradicional no Val do Ulla, asà como a historia do Obradoiro GarcÃa Riobó (A Estrada), o taller de gaitas e requintas máis antigo de Galicia aÃnda en funcionamento. O volume de 192 páxinas, que acaba de saÃr publicado pola editorial Embora e en colaboración coa SecretarÃa Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, inclúe fotos de instrumentos antigos e modernos, de agrupacións tradicionais e bandas de música e máis de oitenta partituras transcritas a partir do cancioneiro de melodÃas que foran interpretadas no repertorio dos vellos requinteiros. O CD que acompaña o texto contén exemplos das pezas transcritas nas partituras e os sons das vellas gaitas, requintas e percusións.