As grandes salas e diferentes grupos atacan o sistema da Rede de Salas de Música ao Vivo

Enredos na rede

7/2/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
As grandes salas galegas de concertos, coma a Mardi Gras (A Coruña), a Capitol (Compostela) ou A Iguana (Vigo) non consideran rendible facer parte da Rede Galega de Música ao Vivo. A obrigatoriedade de programar as formacións que participan no proxecto é, segundo explica "La Voz de Galicia", a principal causa da súa exclusión. O proxecto do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) está a ser motivo de polémicas tamén entre os grupos. Ademais do sistema de selección, varios dos que quedaron fóra lamentan que esta programación satura as salas de concertos e impide actuar moitos dos conxuntos que non fan parte da rede.

Máis información en La Voz de Galicia, no Foro de Música Independente; o noso tema

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Artes Escénicas, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, Rede Galega de Música...