Representantes da escena galega critican o informe elaborado polo IGAEM

Informe actoral

5/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
No transcurso da Feira Galega das Artes Escénicas, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais presentou un avance do informe que pretendía ofrecer unha radiografía do sector. Entre as principais conclusións dese documento destacaba a excesiva dependencia dos cartos públicos. As reaccións ao informe por parte do sector teatral non tardaron en facerse públicas. Segundo publica “La Voz de Galicia” compañías e actores consideran un erro as formas coas que foi presentado porque “conduce á confusión dos espectadores” ao tempo que esixen que se coñeza a totalidade dos datos do estudo.

Máis información en La Voz de Galicia, e sobre o informe na nosa nova e no web do IGAEM; ademais, consulta o noso especial sobre a Feira Galega das Artes Escénicas

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, IGAEM, Artes Escénicas, Feira Galega das Artes Escénicas...