As compañías galegas teñen concretadas preto de oitenta funcións a raíz da Feira das Artes Escénica

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Actualidade

13/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Un dos obxectivos da última edición da Feira Galega das Artes Escénicas era promover a saída das compañías ao exterior. Para iso, o IGAEM creou unha liña de promoción, mediante a que se bonifica a contratación de montaxes galegas. Como resultado desa campaña están as 79 funcións que programarán centros de Castela-A Mancha, Euscadi, Madrid, Asturias, Estremadura, Porto e Paredes de Coura nos vindeiros meses. Títeres Trompicallo, Producións Acontrabutaca, Lagarta Lagarta, Sarabela Teatro, Nut Teatro, Pistacatro, Mago Antón, Monicreques de Kukas e Matarile Teatro son as 9 compañías contratadas por programadores de fóra a raíz das montaxes vistas na Feira.

Máis información no web do IGAEM e no noso especial da Feira Galega das Artes Escénicas

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Artes Escénicas, Feira Galega das Artes Escénicas, Teatro...