Un total de 18 compañÃas realizarán 143 funcións fóra de Galicia coa axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Son os resultados da Feira Galega das Artes Escénicas que ofrecÃa bonificacións a teatros, auditorios, festivais e entidades xestoras de redes que contratasen empresas galegas para actuar fóra de Galicia (presentasen ou non montaxes no marco da feira). As actuacións terán lugar en AndalucÃa, Aragón, as dúas Castelas, Madrid, Estremadura, Euscadi, Murcia, Valencia e Cataluña ao longo do ano que vén. É o resultado máis alto de todas as feiras de teatro celebradas por AGADIC (antes IGAEM). A compañÃa Teatro do Morcego é a que conta con maior número de funcións contratadas cun total de 48 en Cataluña (a metade coa adaptación teatral de O club da calceta e a outra con Os patios da memoria).
Listado de compañÃas e funcións contratadas na edición de 2008 da Feira Galega das Artes Escénicas .