A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de facer público o balance definitivo da contratación realizado no marco da Feira Galega das Artes Escénicas. Malia a bonificación por parte da Agadic do 40% do caché dos espectáculos se se contrataban as funcións no marco da feira, os acordos descenderon un 31% con respecto ao 2008. Na feira do 2008 pecháronse 143 funcións para 18 compañÃas, mentres que na desta edición serán 13 as compañÃas beneficiarias para facer 99 funcións fóra de Galicia. En canto aos destinos, Castela-A Mancha é o principal escenario dos espectáculos galegos (con 35 representacións programadas), seguida de Madrid con 24 e Portugal con 13 funcións.