O primeiro boletÃn E-Scena que publica a Axencia Galega de Industria Culturais (AGADIC) achega entre os seus contidos as compañÃas de participarán na vindeira Feira Galega de Artes Escénicas. Serán un total de 25, das que vinte son galegas. Ao igual que na última edición, as contratacións que se realicen para o exterior neste evento, que se celebrará en Compostela entre o 13 e o 17 de Outubro, contarán cunha bonificación de ata o 40%. Ademais das diferentes funcións programadas, celebraranse tamén dúas mesas de debate, unha sobre a creación de públicos e outra sobre a danza a escena.