É o gran escaparate da escena galega e pretende consolidarse como o principal espazo de compra e distribución dos espectáculos do paÃs. Por iso, a ConsellarÃa de Cultura, orgnanizadora do acontecemento a través de AGADIC, decidiu que este ano a Feira Galega das Artes Escénicas deberÃa ter un único espazo e fixo en Santiago para a oficina de coordinación, os stands de empresas escénicas, as mesas de debate e tamén un escenario de exhibición co fin de mellorar o servizo. Ademais, continuarase coa liña de traballo xa iniciada o ano pasado para mellorar a venda das montaxes como o programa de bonificación das compañÃas. En total, do 13 ao 17 de outubro poderanse ver 25 propotas de teatro (infantil e de adultos) máis danza.
A programación desta edición da feira incorpora, ademais do propio apartado expositivo, dúas mesas redondas. Programadores e profesionais analizarán a necesidade de creación de públicos (o martes 14 de outubro) e as posibilidades da danza na situación do mercado actual (mércores 15 de outubro).
Outra das novidades é a incorporación de ARTeria Zona Noroeste como escenario das montaxes, que se unen ao propio Auditorio, Salón Teatro, Sala Nasa, Teatro Principal e Sala Galán. Os espazos abrirán ao público as entradas ata completar aforo.