Ábrese o prazo para participar na Feira Galega das Artes Escénicas

A cita desenvolverase en Santiago do 18 ao 21 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de abrir o prazo de recepción de propostas para a Feira Galega das Artes Escénicas. O encontro celebrarase en Santiago do 18 ao 21 de outubro e contará con 21 espectáculos de teatro e danza, dos que 18 serán galegos. Os criterios para a selección das montaxes serán o nivel de distribución das compañías e, por outra banda, o dunha comisión que elixirá tanto as nove montaxes galegas restantes como as tres que chegarán dende fóra da Comunidade. A programación da feira completarase cos showcases de danza e a habitual zona de mercado que contará con 16 stands.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: e-scena, 49

A Feira Galega da Artes Escénicas, portada do último número de e-scena

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Artes Escénicas, Feira Galega das Artes Escénicas, Danza...