As compañías triplicaron en dous anos as funcións no estranxeiro

Neste período Agadic convocou axudas a distribución de espectáculos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Se en 2006 as compañías de teatro profesional galegas realizaron 104 funcións no estranxeiro, no 2008 esas cifras medraron ata as 284. Tamén é certo que se incrementaron o número de compañías que levaron os seus espectáculos fóra de Galicia (pasaron de 20 a 30). Son algúns dos datos que aparecen no informe Políticas de fomento das artes escénicas e musicais que edita a Agadic. Por áreas xeográficas, Madrid é a comunidade na que máis funcións se realizaron (83), seguida de Castela (con 50 actuacións). Segundo o informe, este incremento se debe á liña de axudas a distribución que convoca Agadic que financiaba gastos de transporte, desprazamento e aloxamento.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Teatro, Castela, Madrid...