Medra a contratación de espectáculos no marco da Feira das Artes Escénicas

Feira Galega das Artes Escénicas 2008- Actualidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Non será ata finais de mes cando se coñeza o número de contratos finais que se produciron na edición da Feira Galega das Artes Escénicas. Aínda que o encontro xa rematou non será ata o venres 31 cando se peche o prazo dado aos programadores para poder acollerse ás bonificacións de contratación (que van do 30 ao 40%). Sen embargo, Miguel Martín, director de AGADIC, manifestou a Galicia Hoxe que se o ano pasado a día de peche da feira se celebraron 45 contratos, nese mesmo prazo este ano xa se pecharon 65. Ademais, a diferenza do que aconteceu o ano pasado os espectáculos contratados corresponden a máis compañías (con menos funcións).

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Artes Escénicas, Feira Galega das Artes Escénicas, Miguel Martín...