“Nun momento de crise do modelo de desenvolvemento económico, estamos convencidos de que ten que ser o momento de culturas como a nosa, de estar en circuÃtos internacionais” afirmaba Luis Bará, director xeral de Cultura, no acto de inauguración da Feira Galega das Artes Escénicas. Un encontro que pretende fomentar a distribución dos espectáculos galegos nos mercados estatal e internacional. Durante esta semana 144 profesionais verán máis de 30 horas de programación escénica nos trinta espectáculos programados. Esta edición centra a súa mirada en potenciar a circulación da danza, xa que segundo afirmaba recentemente Miguel MartÃn, director de AGADIC, é un dos xéneros que ten maior dificultade en chegar ao público.
Catro showcases de danza, diferentes espectáculos programados no circuito de exhibición do programa oficial da feira, asà como unha mesa de debate e outra de traballo sobre os Recursos para danza evidencian ese interese desta edición da Feira Galega das Artes Escénicas por potencia un xénero que presenta maiores dificultades por chegar ao público.
Pero non é o único sinal de identidade deste certame que tamén pretende poñer énfase na difusión exterior dos espectáculos galegos. Este ano continúa coa liña xa iniciada o ano anterior de subvencionar os espectáculos contratados na feira (cun 40% para teatros e auditorios ou feiras cun mÃnimo de dous espectáculos ou dúas funcións). Por último, nesta edición Euskadi é o paÃs convidado, polo que na feira ser verá unha mostra da creación contemporánea deste paÃs. Entre as montaxes que presentan destaca o espectáculo Por que lloras, Marie? que foi premiada no Feten co premio ao mellor espectáculo.