É o punto de encontro de programadores con actores, actrices e directores. Os primeiros decidirán que espectáculos asistirán a que localidades, mentres que os segundos ofrecerán a súa mellor montaxe para conseguir un maior número de funcións. A Feira Galega das Artes Escénicas arrinca o luns en Santiago e este ano evidencia un maior interese por chegar ao público. En primeiro lugar porque as entradas que non se ocupen por programadores e profesionais abriranse ao público de xeito completamente gratuÃto. E, en segundo lugar, porque nas mesas redondas paralelas aos espectáculos debateranse fórmulas para incrementar a participación dos espectadores. Ademais, este ano poñerase maior énfase na danza e na creación contemporánea porque, segundo explica Miguel MartÃn, director da Agadic, “son as disciplinas que teñen máis dificultades para medrar en público”. Nesta ocasión, 25 compañÃas amosarán os seus espectáculos aos máis de 140 programadores, produtores e distribuidores que xa confirmaron a súa presenza.