Vinte espectáculos participarán na Feira das Artes Escénicas

O encontro pretende fomentar a compravenda no exterior de obras galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Do 19 ao 23 de outubro, os programadores, distribuidores e produtores teatrais teñen unha cita en Santiago. Será entón cando se desenvolva a Feira Galega das Artes Escénicas á que asistirán unha vintena de espectáculos de teatro e danza do país co obxectivo de vender os seus espectáculos. É unha cita imprescindible para a comercialización exterior da actividade cultural dramática do país que se fomenta con descontos de ata o 40% para as contratacións realizadas na feira. O prazo de inscrición de profesionais para asistir ao encontro está aberto ata o 31 de xullo.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Artes Escénicas, Danza, Teatro...