A feira de teatro remata cun balance de máis de corenta funcións vendidas

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Actualidade

Unha feira é un lugar ao que uns acoden a vender e outros a mercar. E a de teatro non ía ser unha excepción. As compañías galegas teñen preto de cincuenta funcións apalabradas noutras zonas do Estado, pero poden ser aínda máis porque o IGAEM oferta unha bonificación para aqueles bolos contratados antes do 31 de outubro. Títeres Trompicallo, Produccións Acontrabutaca, Lagarta Lagarta e Sarabela Teatro son as principais beneficiadas. Trompicallo xa ten pechadas 20 funcións de “Bolboreta” na rede de teatros de Castela-A Mancha e 2 en Euskadi, mentres que “Acontrabutaca” protagonizará 18 pases de Robin Hood no Teatro Calderón de Madrid, “Lagarta Lagarta” ofrecerá unha representación de “As últimas lúas” no Auditorio Municipal de Lousada en Porto (Portugal) e “Sarabela Teatro”, outra no Teatro Moderno de Guadalaxara.

Máis información no web do IGAEM, no noso especial sobre a Feira de Teatro