As últimas lúas, de Lagarta Lagarta

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Montaxes

24/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

As últimas lúas é unha peza de forte compromiso humano e social que se atreve a intentar, cunha intensa carga de delicado humor e de inmensa tenrura, unha mirada seria e serena sobre aqueles pasos tan fundamentais no noso transitar pola vida como son a senectude e a morte, e deixa caer intermitentemente sobre o espectador algúns interrogantes: que lugar ocupan "os vellos" na sociedade contemporánea?, que espazo lles permite ocupar esta sociedade?, que poden facer os vellos consigo mesmos, nunha paisaxe humana e social, con frecuencia apabullante, na que se lles fai sentir coma un estorbo, coma un obstáculo que está a impedir a felicidade dos outros?

Ver ficha técnica no IGAEM

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lagarta, Feira, IGAEM, Artes Escénicas...