Medidas preventivas, de Ancora Produccións

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A obra quere lanzar unha mirada irónica e crítica, non exenta de humor negro sobre as novas relacións e comportamentos sociais.

Medidas prenventivas, que venden protección a cambio da submisión e seguridade a cambio de medo. Medidas que instalan aos cidadáns nun consumo despreocupado a cambio da desconfianza social. Están desenfocadas e dirixidas a cidadáns de a pé, presuntos culpables nos seus actos cotiáns que foron nacendo entre guerras preventivas e catástrofes inesperadas, entre prevencións sobredimensionadas e interesadas e a neglixencia e pasividade dos gobernantes diante do clamor da fame ou da contaminación mundial.

Ver ficha técnica no IGAEM

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, IGAEM, Artes Escénicas, Montaxes...