As compañías enchen Santiago de teatro na Feira das Artes Escénicas

A factoría do teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hoxe arrinca en Compostela a Feira das Artes Escénicas de Galicia. Un lugar de exhibición da producción teatral á que acoden os programadores a comprar os espectáculos que logo veremos nos teatros. Ademais, a feira chega nun momento no que se está a falar de reforzar o sector da escena galega para falar dunha auténtica industria cultural. De feito, o xerente do IGAEM apuntou en “La Voz de Galicia” que a convocatoria de axudas primarán a aquelas empresas que inclúan criterios de xestión, de creación emprego ou traballos de xestión de públicos. Son algúns dos primeiros pasos para converter o sector escénico galego nunha estrutura menos dependente dos cartos públicos.

Máis información no web da Feira das Artes Escénicas, en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Teatro, Artes Escénicas, La Voz de Galicia...