27 compañías actúan na Feira de teatro de Galicia que comeza mañá en Compostela

Ir á feira

11/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Mañá comeza en Santiago unha feira moi especial. Trátase dunha nova edición no evento ao que asisten compañías de teatro e programadores para vender e comprar, respectivamente espectáculos escénicos. En total pasarán polos cinco escenarios preparados un total de 27 compañías galegas e do resto do estado. Como novidades este ano celébrase o I Mercado de Artes Escénicas e Musicais que se compón de expositores, e diálogos para falar do traballo dos programadores. Ademais, aproveitando o encontro, Santiago será a sede da asemblea da Rede Española de Teatros, Auditorios e Circuítos de Titularidade pública (día 13) e a de Técnicos de Escena (día 15).

Máis información no web en La Voz de Galicia , El Correo Gallego , Galicia Hoxe e no web da Feira

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Teatro, Artes Escénicas, El Correo Gallego...