Comeza en Compostela o II Festival de Teatro Afeccionado mentres as salas alternativas da cidade denuncian pouca colaboración pública

Teatro afeccionado, teatro alternativo

9/12/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Salón Teatro de Compostela acolle entre hoxe e o vindeiro domingo o II Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán. Este evento, organizado polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) en colaboración doa Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), conta coa presenza de seis grupos teatrais das provincias de Lugo e de Pontevedra. Mentres, os responsábeis das salas alternativas de teatro da capital denunciaron a o escaso apoio que reciben da administración para desenvolver a súa actividade. Alén diso, apuntaron que a escena galega está nun proceso de estancamento e criticaron a pouca promoción que se fai do teatro.

Máis información sobre o Festival de Teatro Afeccionado en La Voz de Galicia; e no web do IGAEM; sobre as salas alternativas en Galicia Hoxe; o noso tema sobre a Fegatea

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, IGAEM, Artes Escénicas, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais...