O Salón Teatro acolle desde hoxe un festival de teatro afeccionado

A-magan-do teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As fillas de Eva (de Palimoco Teatro), Historias Peregrinas (de Atrezo Teatro), Confusión de Balteira (de Achádego), Como unha motooo (de Lohengrin), No mundo megagüai (de Metátese) e Deus (de Vichelocrego) son as obras que conforman o cartel do III Festival de teatro Afeccionado Agustín Magán. Un evento que acolle o Salón Teatro de Compostela desde hoxe e até o vindeiro mércores. A mostra está organizada pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), unha entidade que conta con 21 grupos asociados e que pretende organizar en Galicia no 2005, o IV Festival Estatal de Teatro Amateur.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre Fegatea no noso tema do día

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Deus, Culturagalega...