Coñécense os setenta e cinco grupos que participarán na Rede Galega de Música ao Vivo

Os que tocan

28/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Finalmente serán setenta e cinco os grupos que percorrerán o país nas salas da Rede Galega de Música ao Vivo. O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais ampliou en cinco o número de bandas que participarán neste evento. Entre os grupos seleccionados encóntranse nomes coñecidos dos máis variados estilos. Susana Seivane, Safari Orquestra, Narf, Matraca Perversa, Dios Ke te Crew, Faltriqueira ou Ruxe Ruxe son só algunhas das propostas que poderemos ver ao longo de 2007 nas salas de concertos galegas.

Máis información en Folque.com, no web do IGAEM (en pdf) e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Música, IGAEM, Susana Seivane, Artes Escénicas...