O IGAEM anuncia a creación dun circuíto para músicos novos en colaboración con 35 salas privadas

Un circuíto musical

30/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A idea é estabilizar a oferta de música en vivo, que se concentra actualmente nos meses verán. Con este fin, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais acaba de anunciar a posta en marcha dun circuíto de concertos para bandas novas. Nesta iniciativa o organismo público colaborará con 35 salas privadas de todo o país, coas que se compartirán custos de contratación. Está previsto que uns setenta grupos dedicados a diferentes xéneros participen no programa. Ao tempo, a Dirección Xeral de Xuventude vai pór en marcha trinta locais de ensaio para grupos por todo o país.

Máis información na edición de hoxe de La Región e no web da Dirección Xeral

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Xuventude, Artes Escénicas, Ensaio...