Esta fin de semana comezarán en Compostela e en Lugo as actividades do programa itinerante "A Cultura Circula". A ConsellarÃa facÃa público onte o programa que incluirá un total de vinte e tres grupos grupos musicais e que visitará vinte e catro localidades do paÃs en diferentes fins de semana ata xuño en dúas carpas. Ao tempo, este departamento anunciaba a posta en marcha dunha programación estable na Comarca do Bierzo. Un acordo coa Consello Comarcal desta zona permitirá a posta en marcha de circuÃtos culturais nos que participarán contacontos, música e teatro, dedicados fundamentalmente ao público infantil. A comarca tamén acollerá actos de celebración con ocasión do dÃa das letras.
Máis información en Galicia Hoxe sobre as carpas; sobre as actividades do Bierzo; en La Voz de Galicia no web aculturacircula.info e nos nosos arquivos