Vinte e catro localidades recibirán a visita do programa itinerante "A Cultura Circula"

As rutas da circulación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O anunciado programa "A Cultura Circula" que organizan Vicepresidencia, Cultura e o Xacobeo, visitará un total de 24 localidades de sete comarcas do país. Segundo se anunciou hoxe na presentación do evento, serán dúas carpas de 2.000 metros cadrados nas que se poderán ver concertos de grupos coma The Homens, Safari Orquestra ou Dios Ke Te Crew entre outros. Haberá tamén actuacións teatrais, acróbatas, malabaristas, ilusionistas e outros números. Proxeccións de videocreación sobre a realidade galega e un hacklab a prol do software libre son outras das propostas que se inclúen no programa, que se desenvolverá entre o un de maio e o catro de xuño.

Máis información ena culturacircula.info e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos