O programa Cultura Circula levará a diferentes comarcas actividades musicais e de animación en dúas carpas

A cultura volta á carpa

Nun xeito de reedición da Carpa do País de Nunca Máis, o programa Cultura Circula achegará a diferentes comarcas do país dúas carpas cheas de actividades musicais, escénicas, audiovisuais e educativas. Desta volta, a iniciativa conta co apoio da Xunta, a través da Consellaría de Cultura e mais do Xacobeo, e desenvolverase entre o dous de maio e catro de xuño. Aínda que a presentación do evento está prevista para finais deste mes, a Dirección Xeral de Creación e de Difusión Cultural e mais e Xuventude xa convocaron, dento do programa, certames de fotografía, videocreación e música.

Máis información en aculturacircula.info, e nesta entrevista a Miguel de Lira en El Correo Gallego máis sobre a Carpa do País de Nunca Máis nos nosos arquivos