Desde o primeiro de xuño e ata finais de setembro case 120 actuacións están programadas nas vilas polas que pasan os oito camiños recoñecidos a Compostela. As localidades de VilagarcÃa e Boqueixón acollerán este venres os concertos inaugurais do programa con Berrogüetto e LeilÃa respectivamente. Haberá concertos nas vilas atravesadas pola Ruta do Mar de Arousa e RÃo Ulla, a VÃa da Prata, o Camiño Inglés, o Camiño Portugués, o Camiño Primitivo, o Camiño Norte, o Camiño de Fisterra-MuxÃa e no Camiño Francés. Grupos e artistas de todos os estilos como The Homens, FÃa Na Roca, Marful, Siniestro Total, Malvela, UxÃa, Sete Saias, Xabier DÃaz, Samesugas, Narf ou Mercedes Peón tamén tocarán nalgún dos moitos concertos deste percorrido artÃstico que inclúe tamén actuacións de maxia e pasarúas nestas máis de cen localidades polas que transcorre.
Máis informacÃón no Xacobeo