Todos os camiños chegan a Santiago. O Francés, o do Norte, o Inglés, o Portugués, a VÃa da Prata, desde Fisterra e MuxÃa, o Mar de Arousa e o RÃo Ulla e o Camiño Primitivo son algunhas das vÃas para chegar a Compostela. AÃnda que o máis concorrido é o camiño francés, cada un deles ten a súa historia e a súa importancia. Agora, os concellos do camiño inglés acaban de unirse nun consorcio para darlle unha maior relevancia e conseguir máis cartos.
O pasado mes de marzo, alcaldes e concelleiros de case todos os concellos polos que discorre o Camiño Inglés fixeron un peculiar camiño de Santiago "a relevos". A peregrinación non tiña por obxecto chegar até a capital de Galicia para gañar o xubileu senón que pretendÃan con esta medida chamar a atención sobre este trazado do Camiño de Santiago. Un trazado que une Ferrol, Neda ou Coruña con Santiago a todos aqueles que chegan até Galicia por mar.
Consorcio inglés
A peregrinación que partiu de Ferrol inauguraba os actos convocados polo acabado de crear Consorcio do Camiño inglés. Unha entidade que agrupa aos 13 concellos, mentres espera a adhesión da Coruña, e que reclaman máis atención para este trazado.
Susana Suárez, concelleira de cultura de Abegondo, concello que ten agora mesmo a presidencia do Consorcio, explica que "o obxectivo fundamental da peregrinación era dar a coñecer o camiño inglés, porque basicamente o máis coñecido é o francés. E alén diso aproveitar para pedir máis axudas económicas para o camiño que a dÃa de hoxe depende dos orzamentos de cada concello".
Até o momento o camiño inglés non ten unha dotación económica para acondicionamento fixo, senón que, tal e como explica a concelleira, "se financia con cargo aos orzamentos de cada concello". E isto implica actuacións desiguais, aclara Susana, "porque pode ser que este ano poidamos investir 12.000 euros no camiño, pero o ano que vén, soamente 3.000 euros". O Camiño Francés, o máis coñecido e frecuentado, recibe anualmente unha cantidade de cartos por quilómetro. "Nós, di a concelleira, non pedimos a mesma contÃa que no Camiño Francés, pero si que por cada quilómetro a Xunta nos dea de 300 a 600 euros". Até o dÃa de hoxe alén da correspondente sinalización do trazado, só se recibiron axudas para feitos puntuais como o arranxo de fontes.
Máis reivindicacións
O ano pasado chegaron a Santiago por esta vÃa máis de 1.100 peregrinos e, á falta dos datos da Semana Santa, pasaron polo concello de Abegondo 961 persoas. Hai peregrinos confirmados, para o mes de xullo (750 de Córdoba) e agosto (175 de Madrid). E o problema está en que todo o trazado hai só tres albergues e hai trazados grandes onde os peregrinos non poden descansar. "Por exemplo, explica a concelleira, desde Miño non hai ningún albergue e en Abegondo teñen que durmir no pavillón. AÃnda que parece que este albergue estará listo entre este ano e o que vén. E esta é unha das moitas reivindicacións que facemos". Entre elas está unha xuntanza co titular de cultura da Xunta para lembrar as actuacións prometidas desde o goberno autonómico co fin de promover o Camiño Inglés e que non se levou a cabo, unha maior cantidade
Ademais da peregrinación do pasado mes de marzo, o Consorcio do Camiño Inglés ten previsto facer un par de peregrinacións máis co obxectivo de darlle máis popularidade ao Camiño Inglés. Unha das marchas será ecuestre, sen data fixada, e outra en bicicleta para o vindeiro mes de setembro.
Faise camiño ao andar
Desde que no 810 o bispo Teodomiro dera por descuberta a tumba do Apóstolo Santiago, Compostela converteuse nun dos focos da peregrinación cristiá. O Códice Calixtino, considerado coma a primeira guÃa do Camiño de Santiago, documenta a chegada dos peregrinos por diferentes vÃas, sendo o Camiño Francés o máis antigo, máis coñecido e o máis empregado. A Idade Media contou con etapas de grande inseguridade, e as guerras entre os estados foron estabelecendo outras vÃas de chegada a Compostela. Fóronse creando outras vÃas como o Camiño do Norte e o Primitivo que son os máis antigos e que marcan o seu trazado por Asturias, o PaÃs Vasco e Cantabria; para os que chegan desde Portugal, o Camiño Portugués e o Camiño do Sueste; e desde o sur e centro da PenÃnsula a VÃa da Prata.
Para completar os trazados a Compostela están o Camiño de Fisterra-MuxÃa, utilizado por determinados peregrinos medievais que, logo de visitar a tumba apostólica, se sentÃan atraÃdos pola viaxe até Fisterra. Completa os camiños até Compostela a Ruta do Mar de Arousa e Ulla que rememora o itinerario polo que, segundo a tradición, chegaron en barco a Galicia os restos mortais do apóstolo.