O Xacobeo programa un festival para as localidades polas que pasa o Camiño de Santiago

Un camiño con moita arte

11/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Dez localidades do concello de Lugo polas que transcorre algunha das variantes do Camiño de Santiago (Camiño do Norte, Ruta Primitiva ou Francesa) estarán de festa no meses de xullo e agosto. Isto é posible grazas a “Artes do Camiño”, o festival que impulsa a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo. Un evento que engloba máis de sesenta actividades entre teatro concertos, poesía, danza ou luthería e que ten un orzamento de 380.000 euros. O violinista Benjamin Kreith, o frautista Carlos Cano ou o bailarín Jurik Kondraj son algúns dos artistas que formarán parte deste festival.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Camiño de Santiago, Danza, Teatro...