Santiago celebra o Día Europeo da Música con dez concertos de diferentes estilos

O día M

21/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
¿Que mellor maneira de celebrar o Día Europeo da Música que con música? Isto mesmo é o que pensaron os responsábeis do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e a Consellaría de Cultura que prepararon para celebrar esa efeméride que se conmemora hoxe luns, unha serie de concertos de diferentes estilos musicais. A Praza do Toural, Praterías e o Casino de Santiago serán os espazos nos que de xeito gratuíto se poderá escoitar música, coñecer o proceso de construción de instrumentos e asistir a prácticas vogais e instrumentais.

Máis información no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Artes Escénicas

Claves

Entidades
Conceptos