Cultura anuncia mudanzas no Instituto de Artes Escénicas e Musicais mentres esta institución presenta as súas últimas edicións

IGAEM: futuro e publicacións

29/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Consellería de Cultura quere modificar o funcionamento do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) a partir do diálogo cos profesionais destes campos no país. Así o afirma o xornal “Galicia Hoxe”, que sinala ademais que esta mudanza non se producirá de xeito inmediato e que podería adiarse ata o primeiro semestre do vindeiro ano. Coincidindo con esta nova coñécese a publicación dos dous discos que pechan a colección “Música Clásica Galega”, que o Instituto está a editar co selo Boa Music. “O romanticismo e o nacionalismo” e “A música sinfónica do século XX” son os títulos que completan esta serie, iniciada no ano 2002 baixo a dirección do musicólogo José Calo.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, IGAEM, Galicia Hoxe, Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais...