Unha serie de libros e de CDs repasará o mellor da producción musical galega clásica desde a Idade Media ata hoxe. Onte presentáronse os dous primeiros volumes da coleción "Música clásica galega" editada por Boa Music en colaboración co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). A pesar desta edición, e como publica hoxe "La Voz de Galicia", só un quince por cento da música clásica feita no noso país está gravada en disco.
Música a través do tempo
A colección "Música clásica galega" recollerá en dez entregas as principais pezas da música clásica do noso país, abranguendo desde a Idade Media ata a música sinfónica do século XX. Cada un destes volumes inclúe un CD, un estudio introductorio e notas explicativas en galego, castelán e inglés, ademais dos textos das cancións no caso de que os haxa.
A colección está dirixida por José López Calo, catedrático emérito de Musicoloxía da Universidade de Santiago, econta coa dirección artística de Carlos Villanueva, que tamén dirixe o grupo de cámara In Itinera da USC.
Para este mesmo ano está prevista a edición de tres novas entregas da colección, entre elas os traballos dedicados ó Renacemento e ó Barroco, interpretados polo grupo de cámara da Universidade de Santiago In Itinere. Os títulos que completan a serie son os de "Música Medieval", "Mestres das catedrais galegas", "Melchor López: Misa solemne Unus Deus", "Música sinfónica do século XIX·, "Música sinfónica do século XX", "Música para piano" e "Música de cámara".
A colección foi editada por Boa Music co patrocinio do IGAEM e a colaboración do Auditorio de Galicia e da Fundación Barrié.
Cancións e bandas
No acto que se celebrou onte en Compostela presentáronse os dous primeiros números da serie, dedicados respectivamente á canción galega e á música para a banda. O primeiro deles recolle temas de Marcial del Adalid, Canuto Berea, Xoán Montes, Enrique Lens Vieira, Andrés Gaos, José Castro e José Baldomir intrepretadas pola soprano Ángeles Blancas e o pianista Miguel Zanetti.
O volume dedicado ás bandas de música, pola súa parte, conta coa interpretación da Banda Municipal de Música da Coruña baixo a dirección de Indalecio Fernández, e inclúe obras de Fernánez Groba, Gustavo Freire, Luis Brage, Enrique Saavedra, Víctor Ureña, Rogelio Groba e Benito de la Cuevas.
Música inédita
Coincidindo con este lanzamento, "La Voz de Galicia" publica unha información na que sinala que só un quince por cento da música clásica galega está catalogada e editada. Así, unha grande cantidade de composicións dos últimos catro séculos continúa en arquivos catedralicios ou privados desde a época en que foron escritos. En contraste con este dato, Carlos Villanueva destaca a importancia de autores galegos en períodos coma o Renacemento ou o Barroco, nos que os músicos da Catedral de Santiago "eran tan bos coma os de sedes coma Sevilla ou Toledo".
Villanueva coincide con outros especialistas na necesidade de crear un circuito estable de actuacións deste tipo de música e un maior apoio dos medios de comunicación. Tamén destacan a importancia de facilitar o acceso dos músicos ós arquivos e a idoneidade de establecer encontros entre os investigadores e os interesados por este tipo de múscia.