María Xosé Queizán elixida académica de honra da RAG

O pleno da Real Academia Galega reivindica á escritora "que puxo os alicerces do pensamento feminista en Galicia"

| Santiago. Redacción | Seccións: literatura
Compartir:
María Xosé Queizán. Foto: RAG

María Xosé Queizán. Foto: RAG

O pleno da Real Academia Galega (RAG) aprobou o ingreso da escritora María Xosé Queizán (Vigo, 1939) como académica de honra da institución. A RAG reivindicou a escritora "que puxo os alicerces do pensamento feminista en Galicia, conta cunha sólida traxectoria que abrangue todos os xéneros: narrativa, teatro, poesía e unha vizosa produción ensaística na que afondou cunha ollada sempre propia en campos ben diversos, desde a sociolingüística, formulando a relación entre a discriminación das mulleres e da lingua galega, á necesaria conciliación das ciencias e das humanidades".  María Xosé Queizán ingresará proximamente na RAG nunha cerimonia na que dará lectura ao seu discurso de entrada. No pleno tamén se elixiu ao escritor Pere Tobaruela como membro correspondente. Tobaruela, de orixe catalá, ten publicado máis de medio cento de libros en galego, a súa "lingua de adopción". 

Que che parece esta nova?
143 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves