María Xosé Queizán recibe o Premio Laxeiro 2023

Recoñece o seu compromiso coa cultura galega e o feminismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
María Xosé Queizán. Foto: Ollo de vidro / ACAB

María Xosé Queizán. Foto: Ollo de vidro / ACAB

A escritora viguesa María Xosé Queizán acaba de ser designada como a persoa premiada pola Fundación Laxeiro para 2023. O padroado da fundación recoñeceu a súa dedicación para potenciar a cultura galega a través da escrita, a súa independencia creativa e a reivindicación feminista desde épocas moi temperás. A través da súa traxectoria literaria, María Xosé Queizán fundou a revista Festa da Palabra Silenciada, creou a compañía de teatro de arte e ensaio da Asociación da Prensa de Vigo e xogou un papel importante no Consello Municipal da Muller de Vigo, ademais dunha dilatada carreira literaria en diferentes xéneros.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Xosé Queizán, Laxeiro, Vigo, Teatro...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares